IGREXA PARROQUIAL DE SAN TOMÉ DE FILGUEIRA

Relixioso
807
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Filgueira (San Tomé)

Lugar: Filgueira

27205  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 53' 11.0" N - 7º 52' 00.9" W

Descrición

Igrexa sinxela de construción popular. A nave é rectangular, con presbiterio na cabeceira, de planta tamén rectangular, ao que se pega no lateral esquerdo a sancristía de pequenas dimensións. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta a dous e tres augas. O pavimento da nave é de laxas de granito. Á nave accédese dende unha portada principal e outra no lateral dereito, ambas as dúas alinteladas. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de aresta, e aos pés da nave hai un coro alto con piso de madeira. Só conserva un retablo moderno na capela maior.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba