IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE ULLOA

Relixioso
947
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ulloa (San Vicente)

Lugar: San Vicente

27205  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 55' 12.9" N - 7º 52' 02.9" W

Descrición

Edificio de orixe románica, que foi totalmente reformada no século XIX, aproveitando grande número de elementos da fábrica primitiva. Confórmano muros de cachotaría e cadeirado de granito, con cuberta de tella a dúas augas. O presbiterio diferénciase do resto da nave porque está máis elevado. A nave dispón de dous arcos torales que dispoñen de contrafortes exteriores. No lateral esquerdo da nave instalouse un ventanal da primitiva obra románica, ao igual que no espazo comprendido entre o arco triunfal e o primeiro arco toral, en cuxos laterais instalouse un arcosolio. O lateral N cobixa un pequeno camarín da Virxe, dunha arquivolta tórica e chambrana de billetes, impostas biseladas e columnas con capiteis con motivos zoomorfos. O fronte dispón dunha portada con arco escarzano, un pequeno ventanal rectangular e remata cunha espadana de dúas vans.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba