IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE O MATO

Relixioso
683
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Mato (San Xoán)

Lugar: O Mato

27204  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 59.0" N - 7º 55' 48.9" W

Descrición

Igrexa sinxela de construción popular. A nave é rectangular, con presbiterio na cabeceira, de planta tamén rectangular, ao que se pega no lateral esquerdo a sancristía de pequenas dimensións. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dous e tres augas. Á nave accédese dende a portada principal ou por unha no lateral dereito, ambas as dúas alinteladas. A nave e o presbiterio sepáranse por medio dun arco triunfal de medio punto en aresta. O frontis remátase cunha espadana dun solo van. Son dous os retablos que se conservan, un na capela maior, de estilo neoclásico, e outro no lateral esquerdo, renacentista.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!