CASA DE ANDRÉS SÁNCHEZ

Civil
22

Localización

Parroquia: Merille (Santa Eulalia)

Lugar: Vilares

27866  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 35' 52.5" N - 7º 36' 29.9" W

Descrición

Casa Indiana: estilo arquitectónico: Autóctono.
Esta vivenda, construída nos anos 20, promovida por José Vázquez, presenta tres corpos perfectamente diferenciados.
En primeiro lugar, está a vivenda propiamente dita; un edificio que consta dunha planta baixa, unha planta alta e un espazo baixo cuberta. Destaca a organización singular da fachada: os ocos da segunda planta son simétricos (xanela, balcón, balcón, xanela) e sen embargo, os da planta inferior son asimétricos (porta, xanela, porta, xanela), rompendo a simetría da fachada.
No lateral dereito destaca un miradoiro de catro corpos que achega ao inmoble certo aire de levidade.
O segundo corpo está formado pola galería, que ocupa o lateral esquerdo da construción. Este é un elemento moi característico das casas de alto nivel económico.
Finalmente, o terceiro corpo constitúeo a cocheira situada no lateral esquerdo baixo a galería e que está adornada con pináculos rematados en pequenas esferas.
Arriba