CASA GARCÍA

Civil
11

Localización

Parroquia: Ourol (Santa María)

Lugar: Chao de Ourol

27865  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 23.7" N - 7º 38' 25.8" W

Descrición

Casa Indiana. O promotor desta vivenda foi Vicente García Rodríguez. 
A vivenda foi construída por Francisco Veiga, máis coñecido como “Pena de Miñotos” e ocupa a posición central dunha parcela cuxa extensión apenas supera os 500 metros cadrados cun xardín previo á fachada principal. Debido á reducida altura do cierre, é posible divisar a vivenda desde o camiño que dá fronte á parcela, presidindo a composición unha gran palmeira que data da época de construción da casa. 
A Casa García constitúe un singular exemplo de arquitectura residencial indiana vinculada ao proxecto montañés, pero do que só adopta certos elementos illados engadidos ao corpo xeral do edificio. Partindo da tradicional caixa de muros de planta rectangular, encóstanse diversos vocábulos de ascendencia montañesa na súa fachada principal, estes son: a torre, de planta cadrada e disposición esquinada; encostada, unha terraza balaustrada que ocupa a lonxitude restante da fachada principal e que está soportada por tres alicerces, os cales configuran -na planta baixa- o soportal de acceso á vivenda; unha escalinata que descende ao xardín desde o soportal; e os pronunciados beirados que mostran tanto a cuberta da torre como a do corpo principal .
Arriba