ANTIGUAS ESCUELAS VICENTE CASAVELLA

Civil
22

Localización

Parroquia: Ourol (Santa María)

Lugar: Ourol s/n

27865  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 53.5" N - 7º 38' 30.1" W

Descrición

Edificación: Escola de ensino primario. Uso actual: Sede Consistorial.
Vicente Casavella, sen dúbida un dos personaxes máis importantes do noso municipio, naceu o 2 de xullo de 1840 no barrio de O Candedo (Ourol), no seo dunha familia moi pobre. 
Sendo moi novo tivo que emigrar a Cuba; contan algúns veciños que mesmo entre os emigrantes de Ourol fíxose unha colecta para comprarlle roupa e zapatos para a viaxe. Alí traballou nun primeiro momento como carboeiro e logo pasou a ser propietario do seu propio negocio. 
O feito de non saber ler nin escribir fixo que pasase moitas dificultades, motivo que o levou a promover a creación das escolas na súa parroquia natal, xa que o seu principal desexo era que ningún neno ou nena quedase sen unha educación elemental.

Cando Vicente Casavella morre, o 27 de xullo de 1900 na cidade da Coruña, deixou estipulado no seu testamento que se legase á parroquia de Ourol a cantidade de 25.000 pesetas para a construción dunha escola de ambos sexos na propia parroquia. Ademais, dita escola debería denominarse “Vicente Casavella” e debería ser construída, tal como recóllese no documento, nun lugar céntrico da parroquia en canto isto fose compatible coas comunicacións e a proximidade dos demais centros de poboación. A escola sería propiedade da parroquia de Ourol e a súa finalidade sería educativa.

Doutra banda, xunto co seu afán de asegurar unha educación para os máis pequenos, Vicente Casavella tamén se preocupou polos máis pobres, dando unha cantidade de diñeiro que debería ser repartida entre os máis necesitados. 

Arriba