CAPELA NOSA SEÑORA DE GUADALUPE

Relixioso
234

Localización

Parroquia: Os Ánxeles (Santa María)

Lugar: O Tremo

15280  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 17.3" N - 8º 39' 52.4" W

Descrición

A capela construíuse  pouco antes de 1772, con planta rectangular dunha única nave. Carece de bóveda, agás o presbiterio, estando cuberta cun teito de madeira que non hai moitos anos foi substituído por outro de cemento armado.
No interior destaca un retablo de pedra, da segunda metade do S. XVIII, formado por dous corpos na banda central e un nas laterais, separadas por columnas. No medio, o sagrario e o expositor, sobre o que se asenta a imaxe da Virxe de Guadalupe, e por riba o arcanxo San Miguel. Nas laterais están as da Inmaculada e San Xosé.
Entre as imaxes antigas compre mencionar dúas da titular, datadas arredor de 1760, unha de madeira no altar maior co Meniño Xesús no brazo esquerdo e un cetro dourado na man dereita, e outra de pedra na fornela da fachada que actualmente carece de Neno Xesús. Tamén destaca unha de Santa Bárbara, e entre as modernas, a de San Ramón Nonato, do escultor compostelán Xosé Rivas.  Un cruceiro e unha fonte coroada co busto de Vicente Ramos, obra do escultor Asorey, completan o conxunto arquitectónico.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba