IGREXA DE SAN SALVADOR DE BASTAVALES

Relixioso
195

Localización

Parroquia: San Salvador de Bastavales (San Salvador)

Lugar: San Salvador

15280  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 55.9" N - 8º 39' 48.9" W

Descrición

O actual templo data de 1737 e posiblemente se edificou  sobre outro anterior, de época románica. En 1749, reedificouse a sancristía e o presbiterio.
A actual construción é moi sinxela, con espadana para dúas campás sobre a fachada , porta de arco estriado e por riba un óculo. A planta é rectangular con cuberta de madeira, que nos últimos anos foi trocada por outra de cemento.
O retablo data de arredores do ano 1893, de gusto ecléctico, con dous corpos na banda do medio e un nas laterais. Na fornela central está a imaxe de S. Salvador, e nas laterais a da Virxe do Rosario e a de S. Xosé.
Coroando o conxunto aparece o Pai Eterno coa bola do mundo na man e sobre El a pomba simbólica do Espírito Santo.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba