IGREXA DE SANTIAGO DE COUSO DE SALAS

Relixioso
831

Localización

Parroquia: Couso de Salas (Santiago)

Lugar: Couso de Salas

32899  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 57' 45.9" N - 7º 55' 17.9" W

Descrición

Construída no século XVII, a igrexa parroquial consta dunha soa nave con arco de triunfo sobre pilastras de acceso ao presbiterio e sancristía. A fachada presenta porta de ingreso de medio punto, de grandes dobelas, e espadaña dun corpo con aletóns servindo de asento a pináculos, rematada por frontón. O retablo obedece á mesma cronoloxía. Organízase en dous corpos, base con relevos dos Evanxelistas pareados e ático coa Trinidade. As tres rúas distribúense mediante estípites, cubrindo os marcos unha decoración vexetal de fino talle.
Arriba