COVA DO REI CINTOLO

Espazos naturais
13710
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Argomoso (San Pedro)

Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 23' 42.0" N - 7º 22' 09.0" W

Descrición

Entramos nunha cavidade natural singular pero de estrutura labiríntica e daquela, plural de posibilidades. Seis quilómetros e medio de lonxitude explorada repartidos en diversas galerías de orixe cárstica nun terreo con presenza de lousa o que lle confire personalidade xeolóxica ademais das características formacións como columnas de estalactitas e estalagmitas, coladas e bandeiras. O desnivel máximo ronda os 75 metros, con augas interiores que alimentan varios lagos e unha corrente subterránea ou río Celtas na cota inferior.

Este é o santuario entre a ciencia e a lenda da espeleoloxía galega. A forza mítica do seu nome converteuse por último en demanda turística. Está prevista a construción dun centro de interpretación da cova próximo á única entrada da gruta e a apertura ao público do treito central con boas condicións horizontais para a visita duns 300 metros, ida e volta.

A rota de senderismo da auga enlaza o orixinal barrio mindoniense dos Muíños co Salto do Coro e finalmente coa Cova do Rei Centolo na parroquia de Argomoso.

FAUNA: Refuxio de morcegos pertencentes a varios xéneros ( Rhynolophus, Myotis...) e interesantes colonias de invertebrados: descuberto no interior algún crustáceo único no noroeste peninsular.

SERVICIOS: En Mondoñedo.

Para mais información, reservas e venta de entradas, contactar coa Oficina de Turismo de Mondoñedo.

Acceso

A cova está pechada ao acceso libre.
A 7,5 km de Mondoñedo pola estrada local dende o barrio dos Muíños.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Situación

Concello de Mondoñedo (Lugo), parroquia de Argomoso, entre as aldeas de Supena e Orxal.

Superficie

6.500 metros de lonxitude distribuídos en catro zonas.
Natureza Espazos naturais Outros espazos naturais
Arriba
Axúdanos a mellorar!