Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE GONTE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE GONTE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/24289/igrexa-parroquial-de-san-pedro-de-gonte?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Gonte (San Pedro)
Lugar: Gonte
15839 Negreira - A Coruña
Construída na segunda metade do s. XII, pero sufriu reformas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular, cos muros de cadeirado granítico con fiadas ben ensambladas e a cuberta a dúas augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado granítico, ten unha portada con zócolo, arestas biseladas e unha ventá. Sancristía pegada ao muro Norte.
Espadana formada por tres machóns apilastrados, unha balaustrada na súa parte baixa e dous arcos de medio punto na superior. Enriba unha cornixa na que se apoian dous remates laterais en bólas, un corpo con arco central e dous aleróns e coroa o conxunto un remate balaustrado e unha cruz. Ten dous retablos con esculturas no interior.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.