CASA DO ESTUDIO

Civil
785

Localización

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)

Lugar: Cedeira

Rúa Santa María

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 38.0" N - 8º 03' 24.9" W

Descrición

Edificio construído a mediados do século XIX (1847), aínda que en 1922 sufriu unha reforma. Presenta dúas fachadas, debido ao desnivel do terreo, de planta baixa e dúas alturas. Na planta baixa mostra nunha fachada un corpo almofadado e na outra poucos vans. No primeiro piso, de ambas as dúas fachadas, os vans están distribuídos uniformemente. No segundo piso, nunha das fachadas aparecen ventás e balcóns, e na outra eses elementos son substituídos por unha galería corrida. A decoración é sinxela, con determinados elementos xeométricos que se repiten en muros, balcóns e galerías. Todo o edificio remata cunha cornixa e unha balaustrada.

Acceso

No núcleo urbano.
Arriba