Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA SAN ANTONIO DE PÁDUA DO CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE TUI&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA SAN ANTONIO DE PÁDUA DO CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE TUI extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/24794/igrexa-san-antonio-de-padua-do-convento-de-san-francisco-de-tui?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Tui
Paseo da Corredoira, s/n
36700 Tui - Pontevedra
A igrexa de Santo Antonio de Pádua formaba parte do conxunto conventual de San Francisco, ao se asentar os frades na cidade en 1642. As obras do convento comezan en 1682, mentres que a igrexa estaría concluída en 1723. A fachada principal conta coas formas sinxelas propias do barroco académico do momento. No interior o seu esquema segue as normas da orde: tres naves, con altares en nichos as laterais, e coro amplo enriba. No cruceiro destaca a poderosa cúpula e un espazo diáfano propio da predicación franciscana.
O retablo maior é obra anónima do ano 1728, propio do barroco portugués. O antigo convento pasaría a se converter en 1850 en Seminario conciliar, conservando o claustro barroco e reformando o antigo claustro aberto do norte nun patio pechado na primeira metade do século XX. A partir de 1959 transformarase en Seminario Menor San Paio.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.