IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILACHÁ

Relixioso
1274

Localización

Parroquia: Vilachá (Santa María)

Lugar: O Cruceiro

15617  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 05.9" N - 8º 05' 09.9" W

Descrición

Pequena igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural frecuente na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, presbiterio e sancristía no muro setentrional. No interior, nave con bóveda de canón rebaixada, con acceso ao presbiterio mediante un arco triunfal de medio punto apoiado sobre pilastas. Coro alto con estrutura de formigón e balaústres de madeira. No exterior, muros de cachotería revogados a excepción dos esquinais e recercado dos ocos. Cuberta de tella plana a dúas augas. Sinxela volumetría. Sobria fachada principal, composta por perpiaños de estereotomía plana, con porta rectangular e un pequeno oco para a iluminación do coro. Sobre a cornixa, pequena base irregular con espadaña de dous corpos rematada por pináculos. Sinxelo retablo neoclásico con imaxe en oco central de Santa María, patroa da igrexa.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada a Pontedeume AC-151, a 5 km coller o desvío á esquerda que sinaliza a Vilarmaior DP-5004, seguir esta estrada ata atopar a Igrexa parroquial.
Arriba