CIPC MUÍÑO DO PAN DE BAAMONDE

Museos e coleccións
12

Localización

Parroquia: Baamonde (Santiago)

Camiño do Río

27371  Begonte - Lugo

Coordenadas:
43º 10' 19.3" N - 7º 45' 19.4" W

Descrición

O centro de interpretación do patrimonio cultural do Muíño do Pan de Baamonde recupera un antigo muíño como elemento do patrimonio material de carácter etnográfico.

Este espazo, ademais, facilita a transmisión dun importante compoñente de patrimonio inmaterial galego que difunde os valores dun grupo humano e dos seus caracteres antropolóxicos, culturais e sociais: neste caso, o mundo arredor dos muíños, tradicións e contexto sociocultural de Baamonde, na época na que estaba en funcionamento.

A actividade dos muíños tivo unha importancia considerable na cultura galega, na arquitectura popular, no folclore e no desenvolvemento das relacións sociais e económicas. 

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/museos/cipc-muino-do-pan-baamonde
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba