COLECCIÓN MUSEOGRÁFICA CASA DO CHOCOLATE DE TEIMENDE

Museos e coleccións
20

Localización

Rúa Teimende 49

32740  Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 04.1" N - 7º 34' 17.6" W

Descrición

A Casa do Chocolate está situada na aldea de Teimende, no Concello de Parada de Sil (Ourense), corazón da Ribeira Sacra e de gran riqueza patrimonial e paisaxística. O centro museístico sitúase no inmoble que foi fábrica do chocolate comercializado co nome de “Chocolates Caldelas” ata o cese da súa actividade nos anos oitenta do século pasado.

Na instalación actual mantéñense en perfecto estado as diferentes máquinas que se empregaban na fabricación do chocolate dende principios do século XX. Explícase o proceso de elaboración do chocolate e cales son as materias primas necesarias. Tamén se documenta a evolución técnica no proceso de produción dende a actividade máis artesanal dos comezos ata os inicios da industrialización, así coma o paso da forza de tracción animal á enerxía eléctrica.

Máis información

https://museos.xunta.gal/es/museos/coleccion-museografica-casa-del-chocolate-teimende
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba