IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE BERDEOGAS

Relixioso
1195
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 54.9" N - 9º 06' 11.0" W

Descrición

Construída entre os séculos XVI, XVII e XVIII, é de estilo barroco. Posúe unha planta de salón formada por unha soa nave e unha capela maior. A sancristía está pegada ao muro sur do presbiterio co que comunica directamente. A nave está separada da capela maior por un arco triunfal volteado sobre pilastras e está cuberta cunha bóveda de formigón armado. Unha gran torre coroa a fachada pentagonal, e nela aparece unha escultura que representa a Santiago, o santo titular da igrexa. O corpo principal da torre que acolle as campás ten planta cadrada e coróase cunha pequena cúpula. O retablo neoclásico, do século XIX, preside esta igrexa e nel sobresae a imaxe do apóstolo Santiago con indumentaria de peregrino. Na parte exterior destacan dous sarcófagos que datan de finais do século XIX.

Acceso

Dende a capital municipal saír pola estrada DP-3404 cara ao NO ata o cruzamento coa AC-552. Neste punto virar á dereita cara á Coruña. Máis adiante, xirar á dereita dirección Berdeogas e Santiago de Compostela pola AC-442. Un pouco máis adiante xirar á dereita, e a carón do castro, do pombal, do hórreo e da carballeira Devesa da Lúa está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba