CASA FLORISTA

Civil
747
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Maniños (San Salvador)

Lugar: O Pombal

Estrada da Palma

15520  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 20.9" N - 8º 11' 57.9" W

Descrición

Casa de estilo predominantemente modernista, construída en 1887, aínda que o seu nome é de 1950, porque a comprou Emilia "a florista". Fachada cunha galería e grandes ventás con frontóns neoclásicos. O balcón corrido da parte superior está suxeita por medio de columnas estriadas. A planta baixa e a alta comunícanse por unha escaleira de ferro e madeira con balaustrada decorada con elementos xeométricos.

Acceso

Dende Fene, por a LC-133 cara a Mugardos. Pasar Perlío e Barallobre, no cruzamento seguir de fronte e a uns 100 m está a casa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba