Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTIAGO DE BARALLOBRE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTIAGO DE BARALLOBRE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25199/igrexa-de-santiago-de-barallobre?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Barallobre (Santiago)
Lugar: O Pazo
Rúa Santiago
15528 Fene - A Coruña
Igrexa do século XVII, de estilo barroco. Sufriu diversas reformas durante os séculos XIX e XX. Planta rectangular. Con tres naves de diferentes volumes. Fachada principal con dous ocos que permiten a entrada de luz natural ao interior. Fornela de enriba da porta de acceso que contén a imaxe de Santiago Peregrino sentado. A fachada é interrompida na parte alta por unha espadana. Os muros son revogados e pintados, agás a fachada. No seu interior atópanse tres retablos e un coro alto aos pés da nave principal.
Reconstruída en 1818 cando ameazaba ruína. Daquela fixéronse as paredes colaterais, armouse de novo e construíuse o faiado e tamén o púlpito; lastrouse de cantería e ergueuse a espadana coa cruz. A fachada está concibida para chamar a atención dos fieis. A súa situación xeográfica nun alto contribúe a incrementar o efecto sorpresa tan utilizado no barroco.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.