CASA EN LIMODRE

Civil
1133
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Limodre (Santa Eulalia)

Lugar: O Camiño Grande

Estrada de Cabanas

15627  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 01.0" N - 8º 11' 31.9" W

Descrición

Casa de estilo ecléctico de principios do século XX. Na vivenda destaca a torre lateral e a terraza asoportalada que dá á fronte. Posúe dúas alturas. Cuberta plana que culmina cuns pináculos nos extremos. Dende o seu balcñon corrido traseiro pódese ver todo o terreo que rodea a casa e divísase unha magnífica panorámica da ría de Ares.

Acceso

Dende Fene, tomar a LC-133 cara a Mugardos, pasar Perlío, Barallobre ata Maniños. No cruzamento tomar o desvío da esquerda cara a Limodre, pasar ao lado da igrexa e chegar a un cruzamento, alí xirar á esquerda a uns 300 m está a casa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba