EDIFICIO DO GRUPO ESCOLAR CONCEPCIÓN ARENAL

Civil
949
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fene (San Salvador)

Lugar: As Foxas

Rúa: Porta do Sol (N-VI)

15500  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 13.9" N - 8º 09' 43.9" W

Descrición

Edificio de estilo colonial, propio da arquitectura indiana con fins educativos de principios do século XX (1916). Típica construción levada a cabo por iniciativa dos emigrantes que foran a América e retornaran á súa terra natal, onde deciden colaborar á instrución dos seus paisanos. Na súa planta rectangular desenvolve dous corpos diferenciados. Como elementos decorativos destacan os motivos vexetais, o axedrezado e as molduras que rodean os vans.

Acceso

Dende Fene, por a N-VIN en dirección a Coruña, despois de pasar a gasolineira, a 300 m á dereita atópase o grupo escolar.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba