IGREXA DE SANTA MARÍA DO SOCORRO DE CAIÓN

Relixioso
1794

Localización

Parroquia: Caión (Santa María do Socorro)

Lugar: Caión

Praza Eduardo Vila Fano s/n

15105  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 04.9" N - 8º 36' 21.4" W

Descrición

O templo, de estilo renancentista, presenta planta de salón na que se inscribe unha nave rectangular, un presbiterio e unha sancristía. Posúe bóveda de canón e os seus muros son de cantería de pedra. O acceso á igrexa realízase por unha porta de estilo plateresco, realizada en madeira, que presenta un relevo escultórico da Anunciación.
Elementos singulares da fachada son a torre campanario nun lateral, unha espadana coroando o imaxinario sistema pentagonal do eixe vertical da construción, e os dous escudos emparellados que se atopan na parte meriodional, nos restos do antigo convento, nos que aparecen os símbolos dos seus fundadores.
Aquí atópase durante todo o ano, excepto a semana de celebración da romaría, a imaxe da Virxe dos Milagres.

Acceso

En autobús: desde a estación de autobuses da Coruña (Empresa Autos Vázquez) hai cinco servizos diarios de luns a venres, dous os sábados e tres os domingos e festivos.
En coche: collendo a AC552 (A Coruña - Cee), seguindo estas alternativas dirección Caión:
1ª Desvío en núcleo urbano de Arteixo pola DP0514.
2ª Desvío en núcleo de Paiosaco pola DP0513. Se se usa a AG55 tomar a saída de Paiosaco.
3ª Desvío xunto á praza do Concello da Laracha pola DP1913 e DP1909.
4ª Na rotonda de acceso AG55 polo parque empresarial tomando a DP1913 e DP1909. 
Arriba