CAPELA DE CELA

Relixioso
1271

Localización

Parroquia: Mántaras (Santa María)

Lugar: Cela

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 19.9" N - 8º 06' 33.9" W

Descrición

Pequena capela, sen estilo definido, de tipoloxía rural moi difundida pola bisbarra. Planta rectangular, con única nave. No interior, sinxeleza, pouca iluminación e austeridade. No exterior, muros de cachotería de pedra exceptuando os esquinais con pezas irregulares de granito. Sinxela fachada principal organizada en único corpo, con pequeno campanario dun arco rematado por tres pináculos. No piñón posterior, cruz antefixa sobre peaña moldurada. Nas inmediacións celébrase a festa de Cela.
Arriba