IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE RODÍS

Relixioso
1816

Localización

Parroquia: Rodís (San Martiño)

Lugar: Rodís

15186  Cerceda - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 26.0" N - 8º 31' 43.9" W

Descrición

Construída en época medieval, pero sofre reformas posteriores a máis significativa no s. XVIII. Ten unha nave de planta lonxitudinal. A fachada ten unha porta alintelada con doelas, piares nas esquinas, un óculo e un grande frontón semicircular. Campanario, de planta cadrada, con catro piares enmarcados por arcos de medio punto. Está coroado por un cupulín rematado por un pináculo.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a LC-401 en dirección a Silva, que está a dez km. Aquí tórcese á esquerda cara a Ordes. Aos tres km e medio xírase á esquerda. Esta pista conduce á igrexa.
Arriba