RODEIRAMAR 2 A

Pensións - 2 Estrelas
879
Calidade Turística

Localización

Parroquia: Coiro (San Salvador)

Avenida de Ourense 76

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 43.4" N - 8º 46' 10.7" W
+34 986 301 749
+34 675 069 020
+34 986 301 162

Descrición

O Hostal Rodeiramar2A está situado en primeira liña de praia. A praia de Rodeira está no centro de Cangas e conta con todos os servizos que unha praia urbana poida necesitar (acceso a persoas con discapacidade e vehículos rodados, aparcamento, socorristas, WC, auga potable, teléfono, árbores, mesas e bancos, duchas, balizado, quioscos, restaurantes, campo de voleibol, parques infantís...).

Todos os cuartos son exteriores e luminosos, e todos teñen terraza. Ofrecen tecnoloxía moderna, televisión LCD de 32", enchufes con USB integrado, mini neveira, kettle e todo o necesario para prepararse unha bebida quentiña no cuarto e todos contan con cuarto de baño privado. Están reformados do 2018 e insonorizados.

Todas as zonas do hotel dispoñen de WIFI gratuíto e na recepción temos un computador de sobremesa a disposición dos nosos clientes, ademais de servizo de impresora.

Dispoñemos de dous aparcadoiros gratuítos, un na zona dos cuartos con capacidade para 4 coches e outra na zona dos apartamentos con capacidade para 10 coches, onde tamén hai unha terraza con mesas e cadeiras onde poder gozar dunha deliciosa comida ou dun delicioso café.

O horario dos almorzos é moi amplo e loubado polos máis durmiñóns! e é que vai de 9 a 12 horas. É un almorzo buffet no que sempre hai doces caseiros elaborados pola nosa reposteira Merchi Rodal. Ademáis de doces tamén poderás saborear deliciosos zumes de laranxa recén exprimidos, café arábica, torradas de diferentes tipos de pan, acompañadas de manteiga e marmeladas caseiras ou de aceite con toamte natural, diferentes embuchados, iogures, froita, cereais, panpizza... Tamén hai un bar no que poderá tomar unha bebida e aperitivos.

O casco antigo encóntrase a pouca distancia do Rodeiramar2A, a 15 minutos a pé polo paseo marítimo, onde atopará excelentes bares e restaurantes nos que degustar os mellores mariscos e peixes da zona regados cos mellores viños, sen dúbida un pracer para os sentidos que fan que os nosos clientes volvan cada ano a darse unha merecida homenaxe culinaria!

Réximes

Almorzo

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Aire acondicionado
Almorzo incluido no prezo
Aluguer de bicicletas
Aparcadoiro de superficie
Bar cafetaría
Biblioteca
Caixa Forte individual
Calefacción central
Calefacción individual
Cuartos familiares
Cuartos fumadores / no fumadores
Fálase francés
Fálase inglés
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Minibar
Secador de cabelo nos cuartos
Servizo de fax
Televisión nos cuartos
Vídeo /DVD nos cuartos
Xardín terraza
Arriba