mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: RODEIRAMAR&body=Recoméndoche que leas a información RODEIRAMAR extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/258759760/rodeiramar?ctre=129%26langId=gl_ES%26tp=22
Parroquia: Coiro (San Salvador)
Rúa Rodeiriña 11
36940 Cangas - Pontevedra
O Hostal Rodeiramar2A está situado en primeira liña de praia. A praia de Rodeira está no centro de Cangas e conta con todos os servizos que unha praia urbana poida necesitar (acceso a persoas con discapacidade e vehículos rodados, aparcamento, socorristas, WC, auga potable, teléfono, árbores, mesas e bancos, duchas, balizado, quioscos, restaurantes, campo de voleibol, parques infantís...).
Todos os cuartos son exteriores e luminosos, e todos teñen terraza. Ofrecen tecnoloxía moderna, televisión LCD de 32", enchufes con USB integrado, mini neveira, kettle e todo o necesario para prepararse unha bebida quentiña no cuarto e todos contan con cuarto de baño privado. Están reformados do 2018 e insonorizados.
Todas as zonas do hotel dispoñen de WIFI gratuíto e na recepción temos un computador de sobremesa a disposición dos nosos clientes, ademais de servizo de impresora.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.