Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DE SAN ISIDRO DE PAREDES&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DE SAN ISIDRO DE PAREDES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26071/capela-de-san-isidro-de-paredes?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Capela construída no segundo terzo do s. XIX polo monxe Fray Benito Haza, enterrado no cemiterio de San Roque da parroquia de Meira. Este monxe exclaustrado do antigo mosteiro de Santa María de Meira tras a desamortización de Mendizábal era o cura da igrexa monasterial.
A capela está fabricada con muros de cachotaría de lousa, caleados, e con cuberta de lousa a tres augas. É de planta rectangular. Frontis con porta alintelada, pequeno ventanal rectangular e espadana de dobre corpo e un só van. Interior: retablo neoclásico da segunda metade do século XIX con esculturas da mesma época da Virxe do Carme, Santa Rita e San Isidro. Ao lado desta capela atópase a “Casa de Bravo” ou “Casa de Casoa”, restaurada así coma a Fonte de Paredes e lavadoiro.
Celébrase romaría o 15 de maio coa celebración do San Isidro.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.