IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE A BALSA

Relixioso
975

Localización

Parroquia: A Balsa (Santa María)

Lugar: Rego

27817  Muras - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 43.9" N - 7º 37' 46.9" W

Descrición

Igrexa construída no s. XII e finalizada no XIII, situada nunha paraxe de incomparable beleza en plena "Serra do Xistral", non lonxe do nacemento do río Eume. Fabricada con cachotaría de granito e cuberta con lousa, é de planta rectangular e consta de pórtico, nave rectangular, capela maior e sancristía pegada en cabeceira. Tanto fachada como pórtico e capela maior datan do s. XVII. Frontis con porta principal de arco alintelado. A espadaña elévase sobre a sancristía, é de dous corpos e tres vans e data do s. XVIII. Porta lateral no muro dereito con arco oxival do s. XIII visible dende o interior do edificio, pois leva lintel exterior con inscrición: "É igrexa de refuxio". Destacan tamén no exterior a fornela con imaxe de pedra de Santa Bárbara do s. XVI no pórtico e sete canecillos decorados da primitiva construción no muro esquerdo. Interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior renacentista e retablos laterais barrocos, con talles.
Arriba
Axúdanos a mellorar!