CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS MUÍÑOS INDUSTRIAIS DE XUVIA (CIMIX)

Museos e coleccións visitables
33

Localización

Aldea de San Roque 8

15570  Narón - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 01.2" N - 8º 09' 07.4" W

Descrición

O Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia, coñecido como CIMIX, sitúase na desembocadura do río que lle dá nome, na aldea de San Roque no Concello de Narón. Un emprazamento privilexiado no fondo da ría de Ferrol e xunto á Ponte do Río Grande de Xuvia, nunha zona verde de gran riqueza paisaxística.

O inmoble foi construído polo francés Juan Lestache en 1775 sobre o río Xuvia para dar cabida ás fábricas de fariña dentro dun antigo complexo fabril do século XVIII. É un edificio de gran interese histórico e etnográfico.

Máis información

Web: https://museos.xunta.gal/gl/museos/centro-interpretacion-dos-muinos-industriais-xuvia-cimix
Titularidade: Pública (Outras)
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba