PARQUE ARQUEOLÓXICO DO MONTE GRANDE

Xacemento
2

Localización

Parroquia: Bande (San Pedro)

32849  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 03' 10.8" N - 7º 57' 53.6" W

Descrición

O coñecido como Monte Grande alberga unha elevada concentración de xacementos arqueolóxicos que poden ser visitados mediante a práctica do sendeirismo, a bicicleta de montaña ou as rutas a cabalo.

Este espazo non deixa de sorprender a todos aqueles que o visitan e, sobre todo, aos seus estudosos. En novembro de 2020 atopouse unha nova estación de arte rupestre, descoñecida ata entón, no chamado Coto da Fonte Santa, na vertente norte do Monte Grande. Trátase dunha serie de coviñas ao pé da necrópole megalítica da Fonte da Santa. A necrópole está formada por seis túmulos funerarios de alto valor patrimonial.
Arriba