CAPELA DO CARME DE ABAIXO

Relixioso
1635
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Carme de Abaixo, 2

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 51.9" N - 8º 33' 07.9" W

Descrición

Este templo barroco clasicista consta dunha única nave de planta rectangular, cuberta a dúas augas e lanterna circular no centro. Ergueuse entre os anos 1760 e 1773 sobre unha pequena capela anterior. Os planos orixinais eran do arquitecto Lucas Ferro Caveiro, aínda que durante a construción se perdeu a pegada do barroco compostelano, quedando nunha obra de carácter moi rural. No ano 1867, Baltasar Ferreiro engadiu un novo presbiterio co que o presbiterio orixinal se converteu en cruceiro. A fachada, en cadeirado de granito, consta de tres corpos verticais enmarcados por pilastras, e tres corpos horizontais; o primeiro con portada alintelada; o segundo con fornela flanqueada por columnas e rematada con arco de medio punto e que acolle a imaxe da Virxe do Carmen, e arriba, escudo enmarcado por un frontón semicircular. Coroa o conxunto a torre-campanario, de planta cuadrangular e decorada e rematada con pináculos e volutas.
No interior, o altar maior, de estilo barroco, segue o tipo dos realizados por Miguel Ferro Caaveiro.

Acceso

Núcleo urbano.
Accesibilidade: andando, coche, autobús.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba