CASA ACUÑA SOAJE

Civil
947
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Policarpo Sanz 23

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 16.0" N - 8º 43' 17.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1897 por Pacewicz. É unha construción na que se foxe da ríxida simetría e a uniforme aliñación de vans, cambiando a súa posición en cada unha das tres plantas. Usa todo tipo de ornamentación: almofadados, pilastras, columnas, capiteis, ménsulas con forma de floreiros invertidos, vasos, balaustradas, grilandas, volutas, medallóns, frontóns curvos e triangulares, etc. A fachada do edificio ten abundantes miradoiros e galerías de formas afiligranadas metálicas e moi decoradas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba