CASA DE FRANCISCA ALFAYA

Civil
690
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Carral 7-9

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.9" N - 8º 43' 28.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1901 por Benito Gómez Román. Trátase dunha obra con abundantes formas neogóticas e neorrománicas. O terceiro andar foi engadido cun proxecto de Jenaro de la Fuente Domínguez, asinado o tres de maio de 1910. Este engadido ten a mesma composición que o resto do edificio pero a súa ornamentación é ecléctica. O edificio destaca polos seus vans aliñados verticalmente entre unhas pilastras lisas que compartimentan a fachada en cinco corpos sobre un eixe de simetría central. Os elementos decorativos máis importantes son: piares recortados con capiteis románicos, arcos apuntados, puntas de diamante, ameíñas, etc.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba