CASA DA RÚA CARRAL

Civil
887
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Carral 13

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.9" N - 8º 43' 28.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1898 por Benito Gómez Román e pertencente á súa familia. Ten unha gran fachada simétrica, unha planta baixa e tres altas, aínda que posteriormente se lle engadiron dúas grandes ventás laterais. Emprega pilastras lixeiras, resaltadas para dividir a fronte en cinco corpos na primeira e segunda planta. Como decoración ten pilastras que se individualizan con diferente decoración nos linteis dos vans; balcóns individuais pero a distinto nivel, sobresaíndo uns máis ca outros; e elementos decorativos minuciosos como acanaladuras, palmetas, profundas incisións na pedra, debuxos naturalistas e xeométricos, etc.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba