Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CULLER DE PAU&body=Recoméndoche que leas a información CULLER DE PAU extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/265569693/culler-de-pau?ctre=142%26langId=gl_ES%26tp=24
Rúa Reboredo 73
36989 O Grove - Pontevedra
Contacto para reservas
Defensor da gastronomía como transmisora de cultura, Javier Olleros lidera, xunto a Amaranta Rodríguez, o seu proxecto materializado en Culler de Pau. Na contorna rural do Grove e a escasa distancia do mar sitúase este restaurante, cuxa horta converteuse nun corazón do que bombea a inspiración, o coñecemento e a aprendizaxe que alimentan a un equipo en procura constante das raíces.
A actividade diaria comeza cedo coa recolección, de entre máis das trescentas especies, de herbas para infusionar e dos vexetais solicitados en cociña. Entre o canto dos paxaros rebolen multitude de cheiros, moi concentrados no invernadoiro, cuxa estrutura de madeira e cristal acubilla unha longa mesa de traballo que se converteu no complemento perfecto para desenvolver o I+D do restaurante. Mentres, o chef visita o mercado e non renuncia ao trato próximo con vendedores, mariñeiros, mariscadores ou agricultores.
Este compromiso coa sostibilidade amplíase co tratamento do seu propio compost cos residuos xerados, así como coa colaboración e intermediación entre agricultores e a Misión Biolóxica de Galicia, centro investigador que traballa na conservación e mellora de variedades de cultivos autóctonos como o millo corvo ou o chícharo bágoa. Neste aspecto, dende Culler de Pau consideran a educación como punto crave para implicar á sociedade na toma de conciencia individual e colectiva.
A arquitectura do edificio do restaurante reflicte un estilo minimalista que destaca o traballo de deseñadores galegos como Arturo Álvarez, ao redor da iluminación, ou o de artesás como Verónica Moar, na elección das pezas da vaixela.
A sala é un miradoiro á ría de Arousa, despensa cunha biodiversidade case infinita. Nela sérvense tres menús, Descuberta, Marexada e Ronsel, onde se enxalzan os vexetais, traballados baixo a dirección do xefe de cociña Takahide Tamakama como un reto creativo e aos que se lles outorga a mesma importancia que a recursos de maior valor económico, como mariscos, peixes ou carnes que completan a oferta.
As propostas culinarias deséñanse como unha forma máis de coñecer O Grove, tanto dende o punto de vista gastronómico, como patrimonial, natural ou etnográfico. As experiencias gustativas adáptanse á estación, á organicidade da horta e á oferta dos provedores locais. Os menús, equilibrados e saudables, buscan o goce dos comensais, aderezado cunha aprendizaxe amena.
A Olleros apaixónalle a súa profesión e a súa terra, onde enraizou a súa proposta fai uns quince anos. O compromiso con ambas é a súa forma de situarse e é habitual que el e o seu equipo vistan camisetas con frases como Mariñeiro da horta ou Intérprete do territorio, filosofía que marca o camiño de Culler de Pau.
Grao de Accesibilidade: Practicable
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.