CASA HERMANOS SUÁREZ

Civil
871
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Montero Ríos 2

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 24.9" N - 8º 43' 26.9" W

Descrición

Edificio proxectado por José Franco Montes en 1920. Trátase dun edificio de baixo e tres plantas, como a maioría das edificacións do Ensanche Olloqui. Foi construído polo contratista Antonio González Romero. É un edificio simétrico, semiecléctico, aínda que con elementos modernistas como as incisións verticais, pináculos prismáticos e decoración vexetal e floral. O eclecticismo obsérvase nas súas fachadas simétricas, no chafrán, en capiteis de pilastras almofadadas que percorren todo o edificio, e na cornixa apoiada sobre ménsulas. No chafrán colocouse un corpo saínte de pedra a modo de miradoiro cara a ría, que destaca pola súa orixinalidade.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba