CASA MARCELINO BARRERAS

Civil
693
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Velázquez Moreno 15-17

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 15.0" N - 8º 43' 17.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1882 por Domingo Rodríguez Sesmero para Marcelino Barreras. É un edificio simétrico cun chafrán no que destacan as galerías de fundición que serven de amplos miradoiros. A fachada que dá a Velázquez Moreno é a principal e ten planta baixa e dous corpos laterais decorados con almofadados. Na fachada que dá a Policarpo Sanz hai que destacar a piña enmarcada en orlas de elementos vexetais xeometrizados. Esta piña está na primeira planta e sitúase sobre uns arcos escárzanos.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba