IGREXA DE SAN CAETANO

Relixioso
1305
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: San Caetano 1

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 21.9" N - 8º 32' 06.9" W

Descrición

Este templo foi fundado en 1701 polo Capitán Bartolomé de Verea e Vázquez e a súa esposa Dona Ángela de Cora e Ponte e Andrade. Fronte ao barroquismo predominante en Santiago na época da súa construción, este templo destaca pola súa gran sinxeleza e pola marcada influencia da arquitectura popular. A súa planta é de cruz latina con cabeceira recta e o transepto destacado en alzado, a elevarse o cruceiro e os brazos laterais sobre o nivel do tellado a dúas augas que cobre a nave principal.. Os muros están cubertos con revocadura, salvo a rúa central da fachada principal e os remates dos vans que deixan á vista o cadeirado en granito. Sobre a portada, rematada cun arco de medio punto de moldura lisa, ábrese unha ventá rectangular sobre a que campan as armas dos fundadores. O conxunto coróase no vértice coa espadaña de corpo rectangular no que se abren dous arcos de medio punto flanqueados por pilastras que sosteñen un frontón triagular rematado con pináculos.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba