CASA SANJURJO

Civil
650
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Compostela 20

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 23.0" N - 8º 43' 15.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1906, por Pacewicz. Constitúe unha das obras do arquitecto con máis influencias parisinas. A única diferenza coas tendencias francesas estriba en que esta fachada está construída cunha magnífica labra apomazada de branco e fino granito. A planta baixa é plana con almofadado e ten tres portas con arcos de medio punto. As plantas primeira e segunda teñen un corpo central voado sobre dous laterais iguais con almofadado e rematado nun balcón con balaustrada. Hai que destacar os releves decorativos da parte central da terceira planta, con grilandas, flores curvas etc, todos eles de estilo rococó pero feitos sobre granito.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba