CASAS PARA JOAQUÍN PÉREZ BOULLOSA

Civil
777
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Compostela 24

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 23.0" N - 8º 43' 17.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1910 por José Franco Montes. É asimétrico cun corpo torreado no lado esquerdo que se distingue do resto no tratamento das súas formas. É o máximo representante das influencias da arquitectura "sezessionista vienesa" no modernismo vigués. O máis destacable é a ornamentación labrada en granito, como: círculos, discos planos rodeados de follas, pequenos releves vexetais, acanaladuras, etc. Destacan dous balcóns illados na primeira e segunda planta, situados no corpo torreado. Son destacables porque a súa varanda está tallada en pedra e adornada con talos de flores e follas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba