EDIFICIO DA EQUITATIVA

Civil
955
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Marqués de Valadares 21

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.0" N - 8º 43' 22.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1948 polo arquitecto Manuel Cabanyens y Mata. É un exemplo da arquitectura academicista monumentalista, aínda que ten algunhas formas clasicistas. Caracterízase pola súa simetría, servindo de eixe o chafrán redondeado que parte o edificio e serve de entrada principal. Neste chafrán hai que destacar o corpo torreado que se eleva na parte superior e a decoración clasicista, ausente no resto do edificio. O chafrán remata nun pavillón circular con columnas toscanas pareadas e unha fornela cunha figura sentada, representativa da compañía de seguros. Á altura do primeiro piso ten unha cornixa sobrevoada, no teito do edificio outra similar e no segundo piso ten un balcón corrido sustentado sobre unhas ménsulas alongadas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba