EDIFICIO JOSÉ MOURIÑO VILAS

Civil
1531
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Urzaiz 5

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 07.9" N - 8º 43' 09.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1946 polo arquitecto Pascual Bravo Sanfeliú, director durante moitos anos da Escola de Arquitectura de Madrid. Este edificio destaca pola súa altura e xogo de volumes na parte superior cunha decoración baseada nunha ringleira de vans cegos. Na parte frontal ten un elevado pórtico composto por tres ocos e catro pilastras sobre as que se asentan catro enormes ménsulas acompañadas de figuras con forma de cabeza de león. Ten unha decoración abundante: balaustrada corrida no primeiro piso, pilastras, ménsulas, columnas, frontóns partidos, ollos de boi, etc.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba