GARAXE AMERICANO

Civil
1127
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida García Barbón 28

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 13.9" N - 8º 43' 03.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1929 por Jenaro de la Fuente Álvarez. Este edificio foi construído para a venda de automóbiles, pero a súa aparencia monumentalista é propia de calquera edificación institucional da época. A súa fachada é simétrica, con dous corpos laterais máis cerrados que o central. Neste corpo central, ábrense grandes vans separados por columnas xónicas sinxelas a modo de porticado con arquerías na planta baixa. Na segunda planta destacan as columnas dobres con arquitrabe que sosteñen un balcón corrido. È un edificio de composición academicista, con influencias clásicas e neobarrocas como mostran os frontóns triangulares partidos, os óculos enmarcados e os balcóns balaustrados. A estrutura interior é de formigón armado e foi realizada por Ramón Beamonte. O resto do edificio fíxoo a construtora Pérez Conde con pedra branca de Castrelos.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba