VIVENDAS IRMÁNS SUÁREZ EIRE/PURIFICACIÓN SUÁREZ

Civil
669
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Compostela 17

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 20.9" N - 8º 43' 15.9" W

Descrición

Edificio de vivendas para os irmáns Suárez Eire e Purificación Suárez Vázquez. Foi proxectado por Jenaro de la Fuente Álvarez en 1944 como vivenda, aínda que despois albergaría a sede de Facenda. Constitúe unha mestura de arquitectura de vangarda e academicista con versións clasicistas depuradas. Destaca a planta baixa onde se sitúa unha arquería sobre pilastras. Sobre esta sitúanse grandes vans, valados con molduras saíntes e en dobre columnata tubular con zócolo e ábaco. Como exemplos de eclecticismo moderno o edificio ten unha cornixa decorada, uns balcóns con reforzos de pedra e varandas de ferro. Como material construtivo empregouse o granito da Serra de Castrelos, ao que se lle deu un tratamento de pulido.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba