BANCO DE VIGO

Civil
1302
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Colón, esquina Policarpo Sanz

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 16.0" N - 8º 43' 13.9" W

Descrición

Edificio proxectado por Manuel Gómez Román en 1919-1923. Neste edificio mantense un moderado modernismo "sezesionista vienés" con elevadas formas prismáticas que sobrepasan a liña da cornixa e se decoran con coroas, grilandas verticais e cubos con motivos vexetais. A forte molduración da planta baixa e a cornixa proporcionan horizontalidade, mentres que o elevado chafrán con cúpula lle dá verticalidade conseguindo monumentalidade. A iluminación proporciónana amplas ventás entre columnas con base, fuste con aneis, capitel toscano e arquitrabe.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba