IGREXA DE SAN PEDRO DE VISMA

Relixioso
1153
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Visma (San Pedro)

Lugar: San Pedro de Visma

15011  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 05.3" N - 8º 25' 46.4" W

Descrición

Igrexa construída en cadeirado e cachotería recebada en branco, de estilo neoclásico rural, emprazada nun lugar dende o que se divisan magníficas panorámicas urbanas da inmediata cidade de A Coruña. Planta de cruz latina, cunha soa nave, coro elevado aos pés e cruceiro moi marcado. Cuberta a dúas augas de tella polo exterior e con bóveda polo interior. A fachada consta de dous corpos revogados en branco. Na principal cada pano posúe un solo oco (inferior porta remarcada con lintel percorrido por tres bandas, dúas ménsulas e gardapós; superior con arco de medio punto). Decoración moi austera, restrinxida a elementos compositivos da fachada (bandas verticais e frontón triangular).

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba