IGREXA DO CARME

Relixioso
1048
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferrol

Rúa María 55

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 06.0" N - 8º 13' 56.9" W
+34 981 350 626

Descrición

Igrexa de estilo ecléctico. Nave única de planta rectangular, teito artesoado con grandes casetóns. Dúas torres xemelgas de catro corpos cada unha. O primeiro con almofadado plano e vans de forma xeométrica, o segundo cun van central enmarcado por pilastras, o terceiro coas mesmas características, pero máis desenvolvido, rematando os vans en arco de medio punto, e o cuarto con campanario e balaustrada con pináculos nas esquinas, corpo octogonal con arcos e cúpula octipartita rematada con pináculo. Fachada principal dividida en tres corpos. O corpo central, con pórtico tetrástilo, soporta un cornixamento con follas de acantos das cales parten columnas xónicas. Sobre el, un frontón semicircular e no centro unha cruz que leva inscrito un leme. Todo isto rematado por un cornixamento e pináculos que corresponden coas columnas xónicas.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba