IGREXA DE SANTA MARÍA DE BRIÓN

Relixioso
1115
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Brión (Santa María)

Lugar: Brión

15591  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 54.0" N - 8º 16' 16.9" W

Descrición

Igrexa barroca de tipoloxía rural. Planta rectangular. Unha soa nave con bóveda rebaixada e coro alto aos pés. Presbiterio con bóveda de crucería. Muros de carga de cachotaría. Destaca o pórtico exterior da fachada principal. Son características barrocas: espadaña dobre acabada cunha cruz de pedra, ventás rectangulares... Entradas laterais rematadas en arco de medio punto rebaixado. Cemiterio no adro.

Acceso

Dende Ferrol, bordeando A Malata, despois de pasar a gasolineira, hai un cruzamento con indicativo cara a A Graña, continuar por esa estrada ata chegar a San Felipe, onde se atopa outro indicativo cara a Brión.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba