IGREXA DE SANTA CECILIA DE TRASANCOS

Relixioso
1167
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia)

Lugar: O Souto de San Pedro

15540  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 17.0" N - 8º 11' 52.9" W

Descrición

Realizada no século XVIII, nun estilo barroco clasicista que transita cara ao neoclásico. Planta rectangular. Muros de carga de cachotaría e perpiaños. Cuberta a dúas augas na nave e tres no presbiterio, con cubrición de tella curva. No seu interior bóveda de canón ata o presbiterio. A decoración concéntrase na fachada principal (fornela e escudo nobiliario), con pilastras que se interrompen nunha cornixa lixeiramente voada dando paso a un frontón triangular. Espadaña dobre, pechando o conxunto un corpo flanqueado por pináculos.

Acceso

Dende Ferrol, tomar a Estrada de Castilla ata cruce sinalizado cara a Santa Cecilia, a uns 2 km áchase a parroquial.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba