IGREXA DA GRAÑA

Relixioso
924
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Graña (Santa Rosa de Viterbo)

Lugar: A Graña

15590  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 57.0" N - 8º 15' 39.9" W

Descrición

Esta igrexa barroca do século XVIII antigamente foi unha ermida da Orde Terceira de San Francisco. Presenta planta rectangular. Nos muros de carga a cachotería contrasta cos perpiaños de esquinais e arcos. Cuberta a dúas augas con tella curva. Porta de acceso cun eixe axial de penetración na igrexa. Campanario en forma de torre cunha incisión de vans que dan paso a unha balaustrada e un corpo cos esquinais biselados e arcos de medio punto. Cúpula semicircular lisa culminada por unha cruz pétrea.

Acceso

Dende Ferrol, cara o porto, bordeando A Malata, coller cara a A Graña e a 3,5 Km, está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba